A voz da guerrilla

A voz da guerrilla
07 de Xaneiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A localidade de Carucedo acolleu a celebración das Xornadas sobre o 80 aniversario da Federación das Guerrillas de León e Galicia. O evento tivo tal éxito que xa se está a preparar unha segunda edición.

ESCOITA O PODCAST:

“Os obxectivos desta iniciativa eran dar a coñecer a Federación de Guerrillas León-Galicia e darlle voz a novas investigacións sobre a guerrilla. Cabe destacar a que fixo Eliseo Fernández sobre o Courel e a que están facendo os arqueólogos. Eles descobren o que aparece nos arquivos, a vida diaria dos guerrilleiros”, afirma Francisco Macías, un dos promotores destas xornadas organizadas pola Asociación Científica Sputnik Labrego e por Edicións Positivas, contando con la colaboración do Concello de Carucedo e do Instituto Leonés de Cultura.

Na imaxe, Francisco Macías, organizador das Xornadas sobre o 80 aniversario da Federación de Guerrillas de León e Galicia.

Sociedade

Publica o teu comentario agora