WhatsApp, Facebook e Instagram sofren unha caída de máis de seis horas

WhastsApp, Facebook e Instagram sofren unha caida de máis de seis horas
06 de Outubro, 2021 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

WhatsApp, Facebook e Instagram sofren unha caída de máis de seis horas nun momento crítico para a súa reputación. Os tres servizos recuperan lentamente a normalidade tras un apagón global que a compañía atribúe a un “cambio de configuración defectuoso”.   

ESCOITA O PODCAST:
José Barcia Tuccelli en Vilanova de A Fenestra de Radio Fene

 As novas tecnoloxías abren novas posibilidades no mundo. Pero é necesario que a súa utilización vai acompañada de medidas que garantan a seguridade e a privacidade. O psicólogo José Barcia falou esta mañá en Radio Fene por exemplo, da circulación de coches e autobuses sen condutor. Moita xente sufriu con malestar e ansiedade diante da carencia do whatsApp. Houbo reaccións moi variadas ao apagón das redes sociais. O xogo relacionado coa tecnoloxía, con moitas posibilidades de acceso provoca en ocasións, adicións. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora