A Wikipedia ten xa 125.000 entradas en galego

A Wikipedia ten xa 125.000 entradas en galego

15 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

A Galipedia, a enciclopedia libre en galego, superou os 125.000 artigos. Aconteceu hai unhas horas, durante a xornada do luns. No momento de acadar esta cifra o proxecto sitúase na posición 45 por número de artigos entre todas as wikipedias da Fundación Wikimedia, grazas á colaboración de todos os seus usuarios. Dende a súa creación, no ano 2003, a Galipedia

Na Galipedia todo o mundo pode colaborar sen importar o seu nivel académico, hai tarefas axeitadas para cada un, e pouco a pouco todo se pode aprender, afirman os editores. Ademais hai tamén formas de colaborar que non implican editar artigos. Unha forma moi importante de axudar ó proxecto é subir fotografías con licenza libre dos lugares da nosa terra, as aldeas, os ríos, os castros, os petróglifos, as praias, etc, son todos sitios especiais que se teñen unha foto no seu artigo aumentan de forma doada a súa calidade. Dende o proxecto, animan á xente a que participe na creación da enciclopedia de todos, e se non saben por onde comezar, que pidan axuda na Taberna que sempre hai alguén para botar unha man aos debutantes.

Cultura