Willy Naves, Bongo Experience e Belöp son os finalistas da II edición do Queixo Maquetón

Willy Naves, Bongo Experience e Belöp son os finalistas da II edición do Queixo Maquetón

18 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Os vigueses Belöp, os asturianos Willy Naves e os barceloneses de Vilanova i la Geltrú, Bongo Experience, son os tres finalistas da segunda edición do proxecto Queixo Maquetón, que se celebra no marco da programación da Festa do Queixo de Arzúa. Este ano, o certame recibiu un total de 30 proxectos chegados desde distintos puntos de

O asturiano Willy Naves, presenta o seu proxecto persoal, despois de militar en varias bandas da escena asturiana. No verán de 2009 publica o seu primeiro EP de estudio autofinanciado titulado La Casa de la Playa, un traballo que tivo unha grande acollida entre a crítica especializada enmarcándoo como un dos grandes EP´s do pasado ano. Por outra banda, acaba de ser seleccionado pola prestixiosa revista Mondosonoro para actuar nas súas Festas Demoscópicas, onde amosan o seu directo as bandas españolas máis prometedoras.

Dende Vilanova i la Geltrú chegan Bongo Experience, semifinalistas no pasado ano e que nesta segunda edición regresan á final cun estilo enérxico, bailable, moderno e innovador. Foron gañadores do concurso nacional de músicos amateur no 2008, seleccionados para o recompilatorio Mejores Talentos Myspace e recentemente elixidos como grupo revelación do mes de outubro polo coñecido webzine El Detonador.

Si o pasado ano eran os vigueses Maryland, este ano a representación galega no Queixo Maquetón volve dende a cidade Olívica con Belöp. Este trío chega á final despois de ter unha boa acollida en Internet e presentar a súa música dentro e fóra de Galicia, gravando en maqueta tres temas que formarán parte do seu primeiro disco, acadando ademais o premio de mellor maqueta do ano 2009 no prestixioso certame Maketón Estrella Galicia.

Cultura