ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Wolfstone formará parte do cartel artístico do próximo Festival Ortigueira. É o primeiro grupo internacional confirmado da cita folk, organizada polo Concello de Ortigueira co patrocinio de Xacobeo, de Estrella Galicia e da Deputación da Coruña, que alcanzará do 9 ao 12 de xullo a súa XXV edición.
A formación escocesa actuará o sábado 11 de xullo nun dos pratos fortes da oferta do Escenario Estrella Galicia, un palco que dará cabida, un ano máis na súa programación, a sons celtas e outras músicas de raíz europeas. A banda que lideran o violinista de Inverness Duncan Chisholm e Stuart Eaglesham (guitarra acústica, voz) volverá pisar as táboas de Ortigueira, tras seis anos de ausencia. Farao cunha formación renovada e cun produto evolucionado, que se sustenta no seu décimo traballo discográfico, "Terra firme", no que gañan peso os temas cantados.
Máis de dúas décadas de traxectoria permiten presentar a Wolfstone como paradigma do entendemento entre o folk tradicional e o rock máis duro.
A batería de Alyn Cosker domina a impoñente base rítmica deste sexteto de virtuosos que completan Stevie Saint (gaitas escocesas e flutas), Colin Cunningham (baixo) e Davie Dunsmuir (guitarra eléctrica), ademais das pezas fundamentais da banda, o dúo fundador.
En 2009, Wolfstone volverá a asomar ao Escenario Estrella Galicia. Consciente de que garante festa ao grande, o Concello confiaralle aos escoceses o día grande do Festival. A presenza da banda no cartel é, dende aquel 2003 en que trunfaron con "Almost an island", unha demanda continua dos folkies.