ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
No século XII, unha colonización de galegos chegados a Extremadura se asentou na esquina máis noroccidental desta comunidade, a menos de 10 km de Portugal. Dise que, dese fito histórico, naceu a Fala, unha lingua que a día de hoxe segue a ser obxecto de estudo e que só permanece en tres vilas da zona: Valverdi du Fresnu, San Martiño de Trebello e As Ellas —coñecidas como os Tres Lugaris—. Estas tres vilas atópanse dentro do val coñecido como o Val do Xálima.
En Xálima, achegámonos a esta terra desde as testemuñas dos seus habitantes. Deste xeito, nesta peza, converxen todo tipo de voces que fan un mapa da vida nesta val. A lingüista Tamara Flores ou políticos locais como Antonio Bellanco ou Diego Moreno, intercalan a súa visión coa de persoas propietarias de comercios ou veciñas dos Tres Lugaris. Porque, en Xálima, non só se quere falar da existencia dunha lingua única —irmá da nosa propia— senón que tamén se busca presentar esta terra fronteiriza coas súas virtudes e cos problemas aos que se enfronta a día de hoxe.
Para as persoas que non coñecen o Val do Xálima e a Fala, este pequeno documental é unha forma perfecta de achegarse ata el. Para as que si saben do que falamos, Xálima ten a peculiaridade de só falar con persoas nativas dos Tres Lugaris, o que nos plasma a realidade desde unha óptica máis próxima.
O vídeo, de 30 minutos de duración, pode verse na canle de Youtube de RadioFusión Emisoras e conta co apoio de Onda ODS e o financiamento do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.
https://www.youtube.com/watch?v=Q7ykoEAgdAI&t=31s
Fotografía Pepe Barro
Nenas do colexio de Valverdi con libros en fala
Publica o teu comentario agora