Xa está en marcha a recollida de sinaturas para a ILP Paz-Andrade

Xa está en marcha a recollida de sinaturas para a ILP Paz-Andrade

05 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Cando, no prazo de poucos meses, remate a lexislatura e haxa que facer balance do traballo na Cámara de representación popular, haberá que concluír que, se cadra, as súas señorías non trasladaron todo o que debían as arelas dos seus electores ao Parlamento. Cabe pensalo porque nestes anos viñéronse sucedendo diferentes iniciativas lexislativas populares, a ferramenta que os cidadáns posúen para intervir na axenda dos deputad

Tres son os aspectos que artellan a proposta: a recepción no territorio galego dos medios de comunicación en idioma portugués; a presencia de Galicia como Goberno oficial nos foros nos que fican representados os países de fala portuguesa; e o estímulo á aprendizaxe da lingua no ensino regrado para transformala nunha vantaxe competitiva. Os impulsores do texto falan das oportunidades estratéxicas que supón a proximidade lingüística: “O Goberno portugués conseguiu importantes contratos con Timor Leste conforme a esta afinidade, tanto de compra de petróleo como de débeda, e iso que ten dificultade para colocala porque está intervido”, salientou en Radiofusión un dos membros da comisión promotora da iniciativa, Xosé Morell.

Esta semana o BNG presentaba unha proposta para axilizar a tramitación na Cámara das ILP, algo que resultaría de proveito para este caso, se ben Morell sinala que “o calendario electoral indica variacións moi curtas en relación con algo histórico como isto”. A campaña de recollida das 15.000 sinaturas precisas para levar a cuestión ao Pleno da Cámara xa comezou e os promotores contan con que a iniciativa se poida debater á volta do verán. Mais de producirse un adianto dos comicios autonómicos, cesando así a actividade parlamentaria, salienta que o seu traballo “non caduca” e se conservan os apoios.

Cultura