ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Juan Gabriel Benavides, Anxo Iglesias e Matías Tolsá son os gañadores do XXX Premios Curuxa do Humor. A responsable do Museo do Humor Xaquín Marín, Almudena Marcos, contou en Radio Fene como son as obras premiadas por un xurado do que foi secretaria e que formaron os humoristas gráficos Xaquín Marín, Luís Davila e Carlos López (Pinto&Chinto).

Tivo moito que deliberar o xurado para outorgar algúns dos galardóns nesta edición dos Premios Curuxa, explicou Almudena Marcos.
Juan Gabriel Benavides gañou o 1º premio Curuxa cun debuxo titulado “Habitación”. O 1º Premio Curuxa Nova foi para Anxo Iglesias. Galardoárono polo debuxo “Prohibido cans”. E o xurado concedeulle o Premio na categoría Caricatura ao traballo presentado co título J.M. Aznar, de Matías Tolsá Montedoro.
Nesta edición, o 2º Premio Curuxa, foi para Juli Sanchís Aguado, Harca, pola obra titulada Menú completo.Ademais, recibiron mención de honra no certame Antonio Sabín Anca, Tonisavski, e Sebastià Martí Benedí (na categoría Curuxa); e Roberto Bianchi e Iván Mata Tamayo (na categoría Caricatura)
A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, avanzou que no último trimestre do ano o Museo do Humor Xaquín Marín acollerá unha exposición cunha selección dos traballos que concorreron á convocatoria. Ademais, na web do Museo habilitarase nesas datas unha galería virtual con todas as obras presentadas ao concurso este ano.
Publica o teu comentario agora