Xa non hai entradas

Xa non hai entradas
15 de Outubro, 2021 - 01:34 h. | Publicada por Radio Fene

Xa non hai entradas. O espectáculo sobre Michael Jackson que mañá se celebrará en Sillobre vendeu as entradas postas á venda en poucas horas. O protocolo covid só permite que accedan á sociedade Agarimo cen persoas e xa non poden acudir máis. O promotor Adrián Martinez xa pensa en organizar un novo pase do espectáculo noutro local en próximas datas para facilitar a asistencia de todas as persoas interesadas.

ESCOITA O PODCAST:
Adrián Martínez en Radio Fene

Michael Jackson foi un cantante, compositor, produtor, bailarín, actor e filántropo estadounidense.Coñecido como o rei do pop, as súas contribucións na historia da música e do baile o convertiron nunha figura internacional na cultura popular. Comezou a súa carreira artística a mediados dos anos 60 cos Jackson Five. Popularizou unha serie de técnicas de baile complicadas, como o robot e o moonwalk.O album de Michael Jackson “Thriller” é o máis vendido de todos os tempos, con vendas estimadas en 65 millóns de copias. Morreu o 25 de xuño de 2009. Dalgún xeito revivirá mañá na Sociedade Agarimo de Sillobre (Fene) co espectáculo de Adrián. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora