Xa o botan de menos

Xa o botan de menos
22 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“A comunicación, a importancia da comunicación non violenta, aprender a poñer límites”. Son temas que se abordaron na última edición por este ano do proxecto Indira. Encontros para mulleres que ofrece a Concellería de Benestar do Concello de Fene nos que se promoven o autocoidado emocional e psicolóxico. Noelia Ojén leva tres anos asistindo ás sesións. Beatriz Lage acudiu por primeira vez. Raquel Veiga foma parte do equipo de educadoras. Fixeron balance en Radio Fene desta edición do programa Indira.

ESCOITA O PODCAST:

"O espazo creano elas nós acompañamos ou sostemos o grupo. Trátase de escoitarnos, falar, soltar cousas que cada unha ten na mochila vital. Intentamos que sexa o máis seguro posible, facemos xogos, lecturas, risas…", explica Raquel. “Non somos unha terapia”, advirte Noelia. “Normalmente as que veñen non se van, moitas repetimos, é a miña terceira edición con esta. Recoméndoo a todas as mulleres”.  Para Beatriz, que asistiu por primeira vez ás sesións, “entereime por casualidade, este espazo é o mellor que atopei, as terapeutas son excepcionais, sería importante que se promocionase máis”.  “Un espazo marabilloso e agardando que se repita o ano que vén”. As dúas están desexando volver e opinan que “sería moi interesante que os homes tamén tiveran este espazo”.  “A diversidade nutre moito aos grupos, mulleres adultas, desde os 40 aos seenta longos o grupo vaise amoldando ás nosas necesidades”, di Raquel.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora