Xa se botaba en falta

Xa se botaba en falta
23 de Setembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Nova temporada no fútbol feminino. O Maniños estrea temporada na Segunda División Galicia viaxando para xogar o domingo, día 24, ás 17 horas, contra o Sporting Meicende.  “Xa se botaba en falta”, confesa a porteira Eva Rodríguez. “Toda a ilusión do mundo e moita forza”, declara o adestrador, Juanjo Iñiguez, Cebolo. “Merecen gozar esta experiencia”, defende a presidenta do club, Puri Hermida.

ESCOITA O PODCAST:

Será unha temporada con moitas novidades para o equipo feminino do Maniños. Viaxes por toda a provincia, tamén á de Lugo, debido á reorganización da categoría. “Boto en falta competir con equipos de Ferrolterra, porque, ademais de economicamente, eses derbys danlle outra cousa á Liga”, confesa o técnico. “Tivemos moita incerteza pola nova categoría”, revela a porteira. Cambios tamén no plantel “perdemos o pulmón do equipo, fichamos xente e estamos reorganizando”, anuncia Iñiguez e seguen a traballar nalgunha fichaxe máis.

O Mundial gañado pola selección feminina de fútbol “é inspirador para nós e para as nenas”, asegura Eva, que compatibiliza o fútbol coa preparación de oposicións de Mestra de primaria. “Ten moito mérito, no terceiro Mundial que xogan son campioas do Mundo, acórdome en Canadá que ata tiñan que lavar elas a roupa”. “Penso que hai xente que agora se deu conta de que estamos aquí e que algunha ata sabe xogar ben, tamén penso que queda moito camiño”. Reflexións da porteira do Cultural Maniños.

Deportes

Publica o teu comentario agora