Xa tardaba

As Letras Galegas do 2020 serán para Ricardo Carvalho Calero
19 de Xuño, 2019 - 11:46 h. | Publicada por Radio Fene

A Real Academia Galega satisfai por fín a numerosos lectores e seguidores do profesor ferrolán. Ferrol será zona cero no próximo 17 de maio, Dia das Letras Galegas.

ESCOITA O PODCAST:

A Real Academia Galega recoñecerá por fin a Carvalho Calero nas Letras Galegas de 2020. Trece académicos, entre eles a actual executiva, respaldan a proposta presentada hai seis anos. Ricardo Carvalho Calero faleceu en 1990, hai case 30 anos. Os promotores da distinción salientan o seu inmenso traballo como crítico, ensaísta e creador literario. Encarnou os valores do antifascismo e do galeguismo. Sendo moi pequeniño, no colo do seu pai, Carvalho asistía ás representacións teatrais no teatro Xofre. O teatro ferrolán foi para el un dos seus primeiros referentes culturais, como el mesmo recoñeceu en Radio Fene nos últimos anos da súa vida.

Cultura

Publica o teu comentario agora