Xabier Díaz coas catedrais silenciadas

Xabier Díaz coas catedrais silenciadas
05 de Abril, 2022 - 11:08 h. | Publicada por Radio Fene

A concellería de Cultura de Fene ultima as actividades que se desenvolverán ao longo do mes de xullo no marco da conmemoración do Día da Patria Galega. O ciclo botará a andar o venres 1 de xullo no paseo de San Valentín co concerto As catedrais silenciadas, de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, e prolongarase até o día 23 con distintas actividades para todos os públicos.

Xabier Díaz

Salientan no programa as actuacións de Pepo Suevos, Trópico de Grelos, Blues do País e Sindicato da Verbena, Ruxe-ruxe e Boyanka-Kostova. A maioría dos espectáculos, agás o primeiro e o pasarrúas de Trópico de Grelos, terán lugar na Praza do alcalde Ramón Souto, con entrada de balde e aforo limitado. Segundo avanza a Concellería de Cultura de Fene, o ciclo Xullo, mes da Patria, desenvolverase atendendo ao seguinte programa:
 Venres 1 de xullo, ás 21:00 h, no paseo marítimo de San Valentín, concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, As catedrais silenciadas. Espectáculo organizado coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
 Xoves 7 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón Souto, monólogo de Pepo Suevos co espectáculo Humor salvaxe.
Función organizada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
 Venres 8 de xullo, festa infantil na Praza do alcalde Ramón Souto (horario pendente de concretar). Programación municipal.
 Mércores 13 de xullo, ás 20:00 h, pasarrúas a cargo de Trópico de Grelos Afro+Axé Danza. Espectáculo organizado coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
 Xoves 14 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón Souto, concerto de Blues do País e Sindicato da Verbena. Espectáculo organizado coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
 Xoves 21 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón Souto, concerto de RUXE-RUXE co espectáculo Xira 2022. Función
organizada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
 Venres, 22 de xullo, ás 21 h, na praza do alcalde Ramón Souto, concerto de BOYANKA-KOSTOVA co espectáculo Boyanka-
Kostova. Función organizada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Cultura

Publica o teu comentario agora