ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un dos discos máis agardados da música galega neste final de ano 2015, ‘The Tambourine Man’, o novo de Xabier Díaz (Berrogüetto, aCadaCanto, Nova Galega de Danza) xunto coas Adufeiras de Salitre, sae hoxe á venda. A primeira presentación en directo será o vindeiro día 16 no Teatro Rosalía da Coruña, abrindo unha xira que o levará -entre o
Neste traballo, no que Xabier Díaz lle engade un enfoque vangardista e diferenciado a 11 temas tradicionais galegos e un castelán, tamén colaboran destacados músicos da música tradicional ibérica, como Kepa Junkera e Aleix Tobias (Coetus), ademais doutros músicos galegos como Xosé Manuel Budiño, Fernando Barroso ou Alfonso Merino.
“No principio de todo foi a percusión a que construíu a nosa música popular, e seguramente a que estableceu o vínculo entre esta e o baile. O máis singular deste proxecto é que regresamos outra vez ao principio de todo, dende o século XXI, claro”, explica o músico coruñés. “Por unha parte está a vella idea na miña cabeza de facer un traballo no que a voz e a percusión foran os elementos principais, e por outra parte estaba a enerxía que se ía xerando no local de ensaio cando me xuntaba coas Adufeiras”.
Díaz fala no vídeo promocional de ‘The Tambourine Man’ así: “O disco confórmano once cortes que levaban bastante tempo aniñando na miña cabeza, así que baixei ao meu estudo de gravación e empecei a fornealos con moita calma. Levar esas marabillas que eu escoitara ás mulleres das aldeas a outros universos, a outros países, parecíame un xeito marabilloso de espallar esas sementes polo mundo”. “Na miña carreira o disco supón un punto de inflexión, de renacemento, de regresar outra vez ao principio. Son un tipo tremendamente curioso e sedúceme moito a idea de transitar por camiños diferentes sen ter moi en conta cal vai ser o destino, simplemente deixándome disfrutar da viaxe”.
Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Froito deste traballo editou ‘Coplas para Icía’ (2007) coa participación de Pedro Lamas e Suso Iglesias. Neste ‘The Tambourine Man’ explica tema por tema onde foi colleitado e quen foron as súas informadoras (elas son maioría).
Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que realizou os espectáculos Alento, Engado e Tradicción que xiraron pola Península Ibérica. Entrou a formar parte do grupo Berrogüetto, onde participou desde comezos do 2008 ata 2014 no que a banda anunciaba a súa disolución. Nos últimos anos protagonizou xunto con Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, o proxecto aCadaCanto.
Ao longo da súa carreira colaborou en múltiples discos e concertos con artistas do talle de Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestinas, Kepa Junquera, Uxía, Xosé Manuel Budiño…