ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Izquierda Unida presentou unha querela contra o presidente español Mariano Rajoy no Tribunal Supremo por catro delitos, entre eles un de lesa humanidade, ao figurar como asinante do acordo entre a Unión Europea e Turquía para que este país recolla ás persoas refuxiadas que outros territorios rexeitan. O membro da executiva de Esquerda Unida (EU
Xabier Ron asegura que “estamos na peor crise humanitaria dende a Segunda Guerra Mundial” e alerta sobre como o acordo da UE con Turquía afecta a unha situación que ten unha dupla faciana, conxuntural e estrutural: “A través da conxuntural, que é o dereito da persoa refuxiada, aproveitan para estreitar o círculo sobre a estrutural, o dereito das persoas migrantes”. Pensa o tamén deputado de AGE que intencionadamente os xefes de Estado confunden os discursos dos dereitos das persoas refuxiadas e migrantes para agochar que con este tratado realmente “o Estado español permite a vulneración de dereitos humanos, o ataque á inmigración”, ao tempo que en toda Europa se axita “a través do racismo institucional” o racismo “da ultradereita, da xenofobia, de exacerbar o medo ao pobre”.
O representante de Esquerda Unida defende a querela contra Rajoy porque o acordo fíxose “vulnerando o dereito das persoas que solicitan asilo ou refuxio porque saen dun país en guerra” e “devolvémolos a un país que non é seguro”, polo que entrarán en Europa “en rutas de acceso cada vez máis perigosas”. Lembra Xabier Ron que en 2015 morreron máis de 3.700 persoas en diferentes puntos do Mar Mediterráneo. Dende o inicio da guerra en Siria houbo máis de 7,5 millóns de desprazados e case 5 millóns de persoas refuxiadas, ademais de 270.000 mortos no conflito.