ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En 1996 Vituco Neira, Xan Carlos Pérez "Jimmy", Xaco Barona e Xan Rico, alcumado "Xan Pericán", catro amigos do instituto, decidiron xuntarse e montar unha banda. Ata aquí unha historia habitual nun grupo de amigos apegados á música.
O que xa non é tan habitual é que este proxecto siga, a día de hoxe tan vizoso, ou máis, que cando estes catro rapaces de Aríns empezaron a riscar nas guitarras.
A día de hoxe, 29 anos despois, pola banda teñen pasado moitos compoñentes e agora a banda está formada por Vituco Neira, Xaco Barona, Xulia Neira, Iago Jorge, David Barbas, e Xan Rico "Xan Pericán". Unha historia de creación permanente porque dende 1999 en que editaron o seu primeiro disco, Ruxe-Ruxe, teñen sido 14 discos os que nos teñen agasallado.
“O noso mellor traballo”, aseguran os de Aríns deste seu novo traballo, este “Xabral” que acaba de saír do forno. Un disco especial, o decimocuarto, ao que lle quixeron dar o mesmo nome do lugar de Aríns onde está o seu local de ensaio, un fermoso xeito de fixar na memoria colectiva un microtopónimo local.
Tivemos a sorte de poder contar con Ruxe Ruxe ao completo en Sons de Nós e podo asegurarvos que foi unha entrevista máis que divertida, son fabulosos tanto no escenario como nas distancias curtas. Poderedes gozar deste novo traballo na xira na que están neste momento, que deron en chamar “Pub Rock Tour”, porque teñen apostado polas esas distancias curtas que tan ben lles sentan, salas pequenas nas que estar preto do público é un plus.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora