Xan María Castro destaca a coherencia de Esquerda Unida

Xan María Castro destaca a coherencia de Esquerda Unida

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia, Xan María Castro, destacou hoxe que o paquete de propostas de EU-IU para combater os efectos da crise na comunidade galega "encaixa na análise de diagnóstico e de medidas" do sindicato. Nunha reunión que mantivo esta mañá coa candidata Yolanda Díaz, o dirixente sindical valorou o "carácter estratéxico" das propostas “a curto prazo” e a súa &ldqu

Respecto ao documento marco sobre a economía que lle entregou hoxe Yolanda Díaz, Xan María Castro avogou por unha saída da crise “sen voltar ao punto de partida” que achacou a “unha expresión dun modelo de crecemento que non resulta sostible nin a nivel ecolóxico nin económico” a causa dunha transgresión dos limites da “riqueza non creada" da que se benefician "os capitalistas empresarios de casino" que "están no cumio disto". Por iso, o secretario xeral de CC.OO en Galicia, Xan María Castro, criticou que ante unha crise "que durará bastante incluso se se fan ben as cousas" no caso de que se “fagan mal” quenes “o pasan peor e sofren as consecuencias” son “sempre os traballadores”. Pola súa parte, a candidata de EU-IU á presidencia da Xunta de Galicia, Yolanda Díaz, esixiu a creación dun plan que “frene a exclusión social de máis de 80.000 galegos que carecen de cobertura social” ademáis de iniciativas que xeren emprego nos sectores de atención a dependentes e forestal, “especialmente potenciais”.

Sociedade