Xan Xe e Okelmann

Xan Xe e Okelmann

02 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O artista fenés Xan Xe Corral inaugura unha exposición conxunta co meu amigo Axel Okelmann na casa da Cultura de San Cibrao, no concello de Cervo, Lugo, o sábado ás 7 da tarde. Titularon a mostra “Pasatempos de outono” que naceu a raiz da participar Xan Xe Corral nun obradoiro de gravado que Axel Okelmann imparte na Mariña lucense. A mostra permanecerá aberta ata o día 28 de outubro.

Nela poderase ver unha selección de gravados de Axel e outra de debuxos, pinturas, esculturas, escultopinturas, e fotografías da autoría de Xan Xe, unha selección de toda a producción artística do fenés en diferentes técnicas, segundo explicou en Radio Fene o propio artista.

Sociedade