Xantar calza chapeu mexicano nunha edición consagrada ao Entroido

Xantar calza chapeu mexicano nunha edición consagrada ao Entroido

01 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A presenza do Estado de Morelos representando a México como país convidado e a celebración dunha edición especial adicada ó Entroido, marcarán a Xantar 2016, Salón Internacional de Turismo Gastronómico de España que se celebra en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro. A 17ª edición convocará en Expourense a

A presenza nesta edición de expositores e participantes de 10 países (España, Portugal, Costa Rica, México, A Arxentina, Francia, Perú, Cuba, Ecuador e Paraguai) ven consolidar a súa condición de "Feira Comercial Internacional", un selo outorgado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade, que o converte nunha das cinco citas internacionais de turismo celebradas en España (dúas das cales organiza Expourense) e na única especializada en gastronomía.

Xantar é un proxecto cofinanciado polo Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE e conta co apoio de varios departamentos da administración galega, da local e de importantes empresas do sector agroalimentario e da distribución de Galicia, o que o converte nun exemplo de cooperación público-privada. A visita de empresarios dos sectores da hostalerçia e a gastronomía de México, Costa Rica e Portugal, abrirá novas oportunidades para as empresas galegas destes sectores. Por primeira vez, Xantar contará cun Centro de Negocios para facilitar os encontros empresariais.

México

O Estado de Morelos representará a México como país convidado en Xantar 2016 e farao realizando un gran despregamento que contribuirá a situalo como gran destino culinario internacional. Morelos participará en todas as actividades do salón para as que previron a presenza en Ourense dunha ampla delegación de empresarios da hostelaría e a gastronomía do estado.

Morelos vai ofrecer aos visitantes a Xantar un menú composto por varios pratos integrados na tradición culinaria mexicana preparados cunha técnica vangardista e estará maridado con viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Para elaborar este menú, Morelos despraza ata Expourense a un grupo integrado por oito dos seus mellores chefs que ademais realizarán varios showcookings sobre cociña mexicana acompañados por viños da D.O. Ribeiro. Entre esta delegación atópanse os xefes de cociña dalgúns dos mellores establecementos hostaleiros do estado.

Entroido

Xantar 2016 estará especialmente adicado ó Entroido convidando aos visitantes a participar no recinto desta festa cunha forte compoñente gastronómica. Para o mércores 3 e xoves 4 de febreiro organizçaronse varias actividades para animar a anticiparse aos días grandes de Entroido. Haberá concursos de disfraces, sorteos, animación, desfiles de entroidos ancestrais da provincia de Ourense e menús a prezos especiais para grupos e comparsas.

Restauración

A promoción da calidade da gastronomía ibérica a través de elaborados menús será outro dos obxectivos principais desta edición. Os 14 restaurantes desta edición proceden de Galicia, Castela e León, Asturias e de Portugal, ademais de México. En total, ofreceranse una vintena de menús baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade, xa que a maioría inclúen alimentos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida. Contribuirase así á posta en valor dos alimentos agrogandeiros e pesqueiros de calidade. Vencellado con isto está una das principais novidades desta edición, o restaurante “Experiencias en Calidade” patrocinado pola Consellería de Medio Rural que ofrece un menú composto por productos certificados.

Facendo un percorrido pola feira podemos comezar saboreando o marisco e o peixe do restaurante Ría de Pontevedra- Beluso, pasando tamén polo de  Vila de Cruces para degustar o seu “Galo de Curral” (Festa de Interese Turístico) ou e rematar tomando os doces típicos no de Ponteareas-Vila do Corpus. Adentrándonos xa na provincia de Ourense, destaca o menú “#saboresdeourense” que recolle aos pinchos gañadores dos distintos concursos gastronómicos (Sabores de Outono e de Primavera) organizados na cidade. Dentro desta provincia, tamén se pode elixir entre os menús ofrecidos por Terras do Avia, Parada de Sil e Riós. Pola súa banda, o INORDE propón un menú baseado en produtos selectos producidos por COREN, Grupo Cuevas e Viña Costeira.

Portugal volverá ser un dos protagonistas desta cita gastronómica e participa con dous restaurantes da rexión Porto e Norte: Vila Real e Caminha que presentará un menú baseado no festival Gastronómico do Bife de Espadarte (peixe espada) que cada ano se celebra en Vila Praia de Âncora. A restauración desta edición complétase cos menús de Castela e León e Asturias.

Sociedade