ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"A xanzá é a raíña do Caurel" afirma a farmacéutica María Moure autora do libro "María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel". Refírese así a unha planta que regula a tensión, mellora a circulación e favorece aos enfermos de diabete. As flores da xanzá común (Gentiana lutea) son amarelas, mais as colonias da montaña galega presentan outra coloración, entre vermella e laranxa, o que levou aos botánicos a clasificalas nunha subespecie diferente, denominada Gentiana lutea aurantiaca.
Case a metade da flora de Galicia, está representada no 5% do territorio, na serra do Caurel. “María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel” é un libro que nos fala das herbas e das xentes desta zona. O libro “María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel” preséntase este venres en Ferrol. A farmacéutica María Moure presentará o volume editado por Teófilo Edicións, no Museo de Historia Natural de Ferrol ás oito da tarde. O mesmo libro sobre as herbas e as xentes do Caurel preséntase o sábado da vindeira semana, dia 23 ás 7,30 da tarde na Agrupación Instrutiva de Caamouco.
Publica o teu comentario agora