Xaquín Marín, primeira firma de Fene pola reactivación de Astano

Xaquín Marín, primeira firma de Fene pola reactivación de Astano

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O debuxante Xaquín Marín foi o primeiro este mediodía en estampar a sua firma pola reactivación de Astano. O colectivo RUMBO 21 achegouse a Fene nesta xornada para recoller sinaturas pola reactivación de Navantia Fene.

O colectivo pon especial empeño no concello onde se ubica o estaleiro porque, segundo o concelleiro e membro da iniciativa, Edgar Vigo, Fene é o lugar máis directamente perxudicado pola sua inactividade. Vigo dirixiuse aos presentes ás 12 da mañán no momento da instalacion da mesa de recollida de firmas, para decir isto e para informar que Rumbo 21 leva xa recollidas 10.000 sinaturas dende que se abriu o proceso hai 10 dias.

A mesa para a recollida de sinaturas colocouse ás 12 da mañán á porta do concello fenés. Pola tarde recollerán sinaturas entre as 4 e as 9. O primeiro en estampar o nome esta mañán foi Xaquín Marín. Despois de hoxe farán o propio en cada unha das parroquias de Fene. As estimacións son recoller neste concello unhas 4000 firmas. Para conquerir a iniciativa lexislativa popular precisanse 15. 000 sinaturas. Ás 12 xa era numeroso o grupo de persoas que querían estampar o nome nos documentos.

Sociedade