ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz é o único das súas características que se celebra en todo o Estado. Cada ano, Allariz convoca este concurso ao que se presentan decenas de propostas chegadas de todo o mundo. Entre eles escóllense dez que se exhiben e reciben as votacións de máis de 40.000 visitantes.
Este recoñecido festival acada este ano á súa duodécima edición baixo o tema central de “Xardíns Terapéuticos, deseños que curan”. A terapia en espazo abertos e o beneficio que iso nos aporta a nosa saúde protagonizan este espazo aberto ao público ata o vindeiro 30 de outubro, tal e como explica o concelleiro de medioambiente de Allariz, Bernardo Varela, no programa Onda ODS. A colaboración entre o CEIP Padre Feijóo e o IES de Allariz queda plasmada na parcela educativa nas que os rapaces e rapazas quixeron representar o divertido que é xogar ao aire libre cun xardín que leva por nome “O xogo cura. Máis parque e menos pantallas”.
Publica o teu comentario agora