Xeados de orixe galega

Xeados de orixe galega
26 de Setembro, 2022 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

Tódolos xeados non son iguais. Dámonos conta se probamos calqueira das múltiples variedades dos elaborados por Bico de Xeado. Hoxe en Onda ODS coñecemos os seus segredos.

 

ESCOITA O PODCAST:

A materia prima utilizada e o proceso artesanal da súa elaboración marcan, sen dúbida, a diferenza. “O que diferencia a estes xeados de outros é a súa orixe. Temos dúas granxas de produción de leite e o leite que usamos para todos os nosos xeados é o leite que nós producimos. A partir de aí moita formación para intentar facer cada día un produto mellor, moi bo equipo, unha materia prima de calidade e un proceso de elaboración totalmente artesanal”, afirma Xesús Otero, xerente de Bico de Xeado, en Onda ODS.

Sociedade

Publica o teu comentario agora