Xeitos na Casa da Cultura

Xeitos na Casa da Cultura
09 de Marzo, 2023 - 02:35 h. | Publicada por Radio Fene

Nova exposición na Casa da Cultura de Fene. O Grupo Bazán amosa na Casa da Cultura de Fene diferentes Xeitos de ollar, sentir e soñar a través da cámara de fotos

A exposición colectiva “Xeitos” consta de 34 fotografías de 17 autores vencellados á sección de fotografía do Grupo Bazán. Inaugurouse o mércores, 8 de marzo, e poderá visitarse ata o xoves 20 de abril. Móstranse obras de Alejandro Martínez, Antonio Carrete, Bea Rodríguez, Carlos Cruz, Chus Villamar, David Souto, Fer Cendán, Fran Suárez, Gelis López, José Amigo, Luis Losada, Luz González, Marcos García, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Pepe Botella. A mostra recolle os seus diferentes estilos e miradas, amosando a pluraridade do grupo e reflectindo distintos “xeitos de ollar, sentir, imaxinar, soñar...”A exposición poderá visitarse ate o 20 de abril no seguinte horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas; sábados, de 10.00 a 13.00 horas, e domingos e festivos, pechado. Durante a Semana Santa o horario será: de luns a venres, 10.00 a 14.15 horas; sábados, domingos e festivos, pechado. 

O Grupo Bazán é unha entidade con máis de catro décadas de historia a favor da promoción do deporte e a cultura. No ano 1994 naceu a sección de Fotografía, xuntando a persoas con inquedanzas fotográficas para compartir a súa paixón. Ao longo destes anos, o grupo segue a medrar levando a cabo diversas actividades coma debates, cursos, viaxes, quedadas, exposicións... formando a moitas persoas e difundindo a cultura fotográfica na comarca de Ferrolterra.

Cultura

Publica o teu comentario agora