ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Morte, fame e desprazamento. Esta é a realidade diaria que se vive en Gaza, informa a ONU. “Un xenocidio televisado”, denuncia en Radio Fene o doutor ferrolán de orixe gazatí Amir Ismail Hejazy. Profesionais da sanidade e as ANPAS públicas queren mover a conciencia da veciñanza de Ferrolterra e convocan unha manifestación comarcal para o domingo, día 21. “Aínda non parou o xenocidio, non entran camións con axuda humanitaria, para nós é importante que os mozos e rapaces saiban o que está sucedendo e que se debe loitar contra iso”, explica Xosé Paz, representante das ANPAS.

“Unha vergonza para toda a humanidade, a manifestación de Anpas e a sanidade galega é un chamamento para espertar a humanidade, parece que está durmida”, declarou Amir Ismail Hejazy. “Os dereitos humanas brillan pola súa ausencia, en Gaza non hai dereitos humanos, é unha devastación total”. Os ataques militares de Israel continúan. Non chega a axuda humanitaria. A entrada en vigor do alto o fogo, o 10 de outubro, non detivo a masacre. Desde aquela son máis de 350 os palestinos asasinados polos israelís en Gaza, moitos deles nenos. Mentres, os países occidentais miran para outro lado cando non dan apoio a Netanyahu.
Na comarca álzanse voces en apoio do pobo palestino. Anpas de centros públicos e profesionais sanitarios convocan unha manifestación comarcal para o domingo, día 21, en Ferrol. Sairá ás doce da praza Amada García contra o horror deste xenocidio televisado que denuncia así en Radio Fene o doutor de orixe gazatí Amir Ismail Hejazy.
Tamén o luns, día 15, que vén haberá manifestacións en Ferrol, Ares, As Pontes, Cedeira e Pontedeume, ademais noutros corenta concellos galegos. Mobilizacións contra o silencio, a inxustiza e a impunidade da comunidade internacional diante dun xenocidio que non cesa. En Ferrol convocan a Cordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina e o Colectivo Ferrol con Palestina. Partirá ás oito da tarde desde a praza do Concello de Ferrol ata a praza Amada García.
Publica o teu comentario agora