A xente apoia o comercio local

16 comercios de Fene súmanse ao venres negro
26 de Novembro, 2020 - 03:38 h. | Publicada por Radio Fene

O Black Friday áxuda aos comerciantes a sair do estancamento producido polas novas medidas restrictivas da Covd19. A poucos dias de chegada do Nadal é un empuxón.

ESCOITA O PODCAST:

Como cando miramos ao ceo a ver se sae o sol, os comerciantes miran á Xunta de Galicia para ver a decisión que toma con vistas á celebración do Nadal.

“Notamos o apoio da xente de aquí” afirma Nieves Grande, propietaria da boutique Koralli da Avenida Marqués de Figueroa número 7 de Fene. Ela é unha das 16 comerciantes que se apuntaron á oportunidade do Black Friday. Nieves ofrece todos os productos de temporada a prezos rebaixados entre o 15 e o 60%. Nestas condicións abriron o luns pasado e así continuan oficialmente ata o sabado ás 15h pero ela e outros comercios manterán as portas abertas o sabado á tarde e aínda o domingo á mañá. Unha oportunidade para adiantar as compras de Nadal. Nieves afirma que a veciñanza de Fene, “se atopa o que busca nas tendas de Fene, non vai a ningún centro comercial”.

En Fene participan na semana de descontos: Un pedacito de mi, El Baúl de Bego, Loly Calvo, Mas Sport, Costuras, Mismores, Mayka, Koralli, Berline, Bualá, Dama, Lydia, Jomer, San Ros, Calzados Locay e Ópticas Noroeste.

 

(Na imaxe, Nieves Grande, de Koralli)

Sociedade

Publica o teu comentario agora