ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Noticias do mundo animal con Noemí Graña. Esta semana a veterinaria etóloga do Lar do Belelle respondeu ás dúbidas de Tino González, de Nava, en Asturias; aclarou se pesa máis a xenética ou a experiencia no comportamento dos cans e falou dos caniches.

“A solución é dirixir o xogo a cousas adecuadas, non hai que reñerlle”. Unha gatiña que non aprendeu da nai a inhibición da mordida porque foi destetada precozmente pode atacar ao titor cando o que quere é xogar. Para evitar que nos manque, Noemí Graña recomenda ter sempre a man xoguetes pequenos como boliñas de papel coas dirixir o xogo.
O peso da xenética
“A xenética propón, o entorno dispón”, os animais como as persoas somos froito dos xenes que herdamos e tamén das experiencias vividas, explica Noemí que relativiza a importancia da raza. “A raza é un 9% do comportamento”, afirma. Os caniches a especialista di que “son animais moi espertos, divertidos e moi proactivos”.
Publica o teu comentario agora