Xente moi simpática

Xente moi simpática
25 de Maio, 2021 - 08:50 h. | Publicada por Radio Fene

"Coñecín a xente moi simpática, moitos poetas e foi moi acaído o acto" afirma Lua Vila que gañou o primeiro premio do II Certame de poesía do Concello de Cabanas. “A loita entre o que viven os demais e o meu propio modus vivendi” é unha das cuestións que quixo trasladar no poema gañador a xove veciña de Pontedeume, estudante de Historia da Arte. Quería representar a loita contra a propia mentalidade para seguir adiante. Escribe, debuxa e publica en Instagram. Ela é @todatoxo

 

ESCOITA O PODCAST:
Lua Vila coas outras persoas gañadoras do II Certame de Poesía de Cabanas

Que é un poeta? Unha persoa -non se sabe se afortunada, ou maldita- á que, as hoxe tan deostadas musas lle outorgaron a destreza e o instinto de tecer emotivas, rítmicas, íntimas palabras. Afirmao así Xavier Seoane no seu Diccionario irreal para un país imposible, o mellor libro en galego publicado no ano 2020, segundo o editor Manuel Bragado. O acto de entrega dos premios do II Certame de Poesía de Cabanas tivo lugar o sábado 22 de maio no salón de plenos da Casa do Concello baixo a presidencia do alcalde accidental Iago Varela, contando tamén coa intervención da concelleira Paula González e do membro do xurado, o escritor Antonio Tizón.

Cultura

Publica o teu comentario agora