Xente nova

Xente nova
10 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Estamos aumentando o número de altas. Temos un pequeno parque infantil no local e se está dando de alta xente nova que ven vivir ao barrio”, afirma con ledicia o presidente do Centro de Promoción Social de San Valentín, Juan Miraz. Falamos con el. Escoita aquí a conversa completa.

ESCOITA O PODCAST:

Miraz lembra que a entidade que preside é un centro de promoción social con actividades pero que tamén fan a labor de Asociación Veciñal. Logo da pandemia, o CPS regresou con forza celebrando o 50 aniversario do barrio. Facer fronte ás subidas de luz, gas etc non resulta sinxelo mais “cos case 600 socios que temos, entre titulares e beneficiarios, nós imos seguir para diante”, comenta Juan Miraz. Ioga, bolillos, baile galego ou un campus de defensa persoal e artes marciais son algunhas das actividades que se ofertan. Ademais, ningún evento do ano queda sen celebrar. A festa do langostino, para a que xa está todo preparado, é a máis consolidada. “Nesa festa o petamos”, destaca o presidente do CPS de San Valentín.

Na imaxe, Juan Miraz, presidente do CPS de San Valentín.

Fotografía: Xarda.

Sociedade

Publica o teu comentario agora