A xente nova volveu ás ferraxerías

A xente nova volveu ás ferraxerías
15 de Xuño, 2021 - 10:35 h. | Publicada por Radio Fene

A xente nova volveu ás ferraxerías no último ano. E ese mundo cambiou moito neste período. Co confinamento semella que á xente lle entrou o interese por reformar o fogar, tamén por adaptar e mellorar tanto pisos como vivendas unifamiliares. Unifersa, é unha empresa maiorista adicada á venda de produtos de subministros industriais e ferraxería profesional. Desde a súa creación en 2006 non parou de medrar. No último exercicio facturou 29,5 millóns de euros, medrando un 20% con respecto ao ano anterior. 
 

ESCOITA O PODCAST:
Jesús Vieito, director xeral de Unifersa Clickfer

Xa no seu nacemento, sorprenderon ao mercado cunha serie de servizos e coa rapidez no subministro, segundo o director xeral de Unifersa Clickfer Jesús Vieito. A xente nova volveu á ferraxería a raíz da pandemia. Dentro do tremendo prexuízo xeral que causou a sociedade o covid 19, a situación axudou a que o comercio de proximidade, e tamén a ferretería, sexa máis coñecido.  Teñen 12.500 referencias nas naves de Unifersa en Vilar do Colo. Preguntámoslle a Jesús Vieito cal é o produto máis vendido nas ferraxerías. Esta é a súa resposta.  Unifersa conta na actualidade con 6.000 metros cadrados construídos no polígono de Vilar do Colo en Fene. 37 empregados fan que funcione esta empresa loxística e de distribución. Teñen unha cadea de vendas propia baixo a marca Clikfer con 14 tendas en Galicia. Pretendían ampliar as instalacións, pero unha cláusula nos contratos de venda de SEPES impide transferir a propiedade desas parcelas necesarias para seguir medrando. Xa adquiriron o terreo necesario no polígono da Laracha a onde se pensan trasladar na primavera -verán de 2023. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora