A xente ten gañas de festa

A xente ten gañas de festa
18 de Maio, 2022 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

El Combo Dominicano actuará nas festas dos Santos de Perlio o venres 3 de xuño. Compartirán a verbena coa orquestra Ultima Legión. A comisión de festas espera atraer a moita xente nesa xornada. Xa levan recorrido a metade da parroquia solicitando a colaboración cidadán e agradecen a axuda recibida de comercios e particulares. Ese mesmo tres de xuño haberá unha festa do lisco de nove a once e media da noite no campo da festa de Perlío.

ESCOITA O PODCAST:

Fala o membro da comisión de festas de Perlío Jesús Ares "Lito"

http://173.255.131.18/audio/180522ARES.mp3

Completan o programa festivo Furia Joven e Duo de Estrellas o sábado 4 e Duo de Estrellas e trio Jaque para a sesión vermú do domingo dia cinco.

Sociedade

Publica o teu comentario agora