Xeografía, Historia e xogos

Xeografía, Historia e xogos
23 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aprender xeografía ou feitos históricos é posible xogando. Algúns deses coñecementos poden adquirirse con dous xogos que nos presentou esta mañá Lúanma Sánchez, da tenda Cáprica. 

ESCOITA O PODCAST:

“Navia” é un xogo que acaba de sacar ao mercado a editorial de Ourense Buscalume. “Un xogo que ten como obxectivo cruzar dunha beira a outra o río Navia”. Está en galego. Para deseñalo, a editorial colaborou con Breogame que fai taboleiros e moita artesanía galega, explica Juanma que tamén nos presentou “Port Arthur”, un wargame ambientado no conflito ruso-xaponés de 1904-1905. Editado por Dracoideas, que ten varios xogos históricos. Este céntrase no combate naval e a repercusión do desembarco xaponés. Conta cunha descrición histórica do conflito, representado por un mapa e con catro zonas de estaleiros para reparación dos barcos. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora