Xermade organiza un obradoiro infantil para deseñar a mascota da Biblioteca Pública

Xermade organiza un obradoiro infantil para deseñar a mascota da Biblioteca Pública

31 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Biblioteca Pública de Xermade deseñou as súas actividades infantís para a primeira quincena de abril. Os pequenos poderán participar nun obradoiro de deseño para crear a mascota da biblioteca; nun obradoiro de maxia para nenos a partir de 9 anos e na actuación do Mago Rafa.

Co curso “A biblio precisa unha mascota” búscase que os pequenos de mais de 5 anos poidan crear unha personaxe que consideren como mascota e que exprese todas as cousas que se poden atopar na biblioteca. A duración desta actividade será de 2 horas semanais tódolos luns dos próximos dous meses. A data de comezo será o vindeiro 6 de abril ás 20.00 horas. Para poder optar a esta actividade é preciso inscribirse antes do sábado 4 de abril.

A segunda das accións programadas será un obradoiro de maxia para nenos maiores de 9 anos. Este cursiño terá lugar o martes 7 de abril ás 12:00 horas. O período para poder apuntarse rematará o 6 de abril.

As prazas para estas dúas actividades son limitadas e se cubrirán seguindo a orde de inscrición. Para poder formalizar a inscrición pode acudirse á Biblioteca de Xermade, no teléfono 982 501 055 ou a través do enderezo electrónico xermade@rbgalicia.org.

Por último, o mesmo martes 7 de abril, ás 19:00 na propia Biblioteca Municipal de Xermade, haberá tempo para a maxia, gracias á actuación do Mago Rafa.

Sociedade