Xesús Balboa: "A Xunta carece de política para o medio rural"

Xesús Balboa: "A Xunta carece de política para o medio rural"
29 de Setembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Ordes

“Cando eu empecei a estudar na segunda metade dos 80 este tema tiña certo nivel, ademáis de inxenuidade, de confianza nesa Galicia que era por fin unha comunidade autónoma e que acababa de asumir no ano 83 as competencias en materia de montes. Pois xustamente 40 anos despois digamos que o balance é francamente negativo, por iso tendo a ser un tanto pesimista respecto ao futuro. […] Non existe un deseño dunha política de desenvolvemento rural” afirma o historiador Xesús Balboa. 

Xesús Balboa en Baixa á praza, de Mazarelos

Balboa realizou esas declaracións en Baixa á praza, un ciclo de entrevistas nas que a revista de historia e cultura Mazarelos trata de conectar os contidos académicos coa sociedade. Elaborando vídeos curtos que comparten polas redes sociais, a iniciativa busca xerar novas preguntas e introducir elementos do pasado que conecten coa actualidade. Posteriormente suben a entrevista completa á súa web e a Youtube con acceso a todo o público interesado e de libre utilización.

 

Nesta última entrega Xesús Balboa López, profesor da Facultade de Xeografía e Historia e membro do grupo de investigación Histagra, falou sobre os usos tradicionais dos montes galegos en materia de historia forestal. A través da súa traxectoria de máis de 40 anos presentou os usos históricos do monte, a súa situación actual en materia de política forestal e as perspectivas de futuro:

 

Baixa á praza conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, lugar onde nas súas prazas e parques son protagonizadas as conversas. As outras convidadas desta edición foron Ángel Arcay Barral, director do Museo das Mariñas; Mar Llinares García, prehistoriadora da USC; Valerià Paül Carril, xeógrafo da USC; Susana Sánchez Aríns, profesora de ensino secundario e escritora; e Celtia Rodríguez González, arqueóloga do CISPAC.

 

Xesús Balboa no Baixa a praza:

https://www.youtube.com/watch?v=fN-QAruojD4

 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora