ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A XIX edición do Concurso Internacional de Gaita Galega “ Constantino Bellón” celebrarase finalmente os días 8 e 9 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol. Tras a súa suspensión o pasado mes de agosto levarase a cabo grazas ao apoio da Deputación de A Coruña e o Concello de Ferrol. Constantino Bellón converteuse ao longo destes anos nunha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores. axudando a manter e potenc
Coa posta en escea das obras gañadoras de Composición arrinca o certame o vindeiro domingo 8 de novembro. Neste apartado o Premio de Composición para Gaita Galega Solista reaceu en Xesús Rodil Rodríguez pola partitura “Lugrís” para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano. Amais entregaranse dous accésit a Pablo Devigo pola obra “Jota” para Gaita, Orquestra de corda e Piano e a Xavier María López Rodríguez. Pola peza “Tumbaleira” para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.
A final de gaiteiros solistas desenvolverase o luns 9, na que concurren 10 aspirantes seleccionados previamente polo xurado. Seis galegos optan a este recoñecemento. Pablo Devigo de Castro Caldelas, Gonzalo Manuel Abelairas de Ourense, Isidro Vidal Gallardo de O Carballiño, Bruno Villamor de Lugo e Pedro Alvarez de Nigrán. O sexto galego e unico ferrolán finalista é Ricardo Mouriño.
A participación complétase con catro “Gaiteiros de Soutelos”, Daniel Lumbreras de Donosti, o venezolano Eric Alexander Corrante e dous arxentinos Nicolás Ramiro Pérez e Santiago Agustín Molina.
Nesa derradeira xornada do concurso tamén se entregarán os premios aos galardoados no apartado de Composición para Gaita Solista.
O xurado do XIX Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, compóñenno Víctor Fernández Gabeiras, Xavier Rodríguez Fariñas, Pablo López Torneiro e Xoán Rodríguez Silvar.