Xestión e financiamento

Xestión e financiamento
17 de Outubro, 2024 - 04:45 h. | Publicada por Radio Fene

“Non hai xestión e a xestión económica é mala”, sostén o voceiro do Partido Popular no Concello de Fene, Gumersindo Galego, que tamén opinou en Radio Fene sobre as necesidades de financiamento dos concellos.

ESCOITA O PODCAST:

Critica o portavoz do Grupo Popular que “non hai avances en temas como a cesión de terreos para o novo centro de saúde, o PXOM ou o paso elevado de Perlío”. Gumersindo Galego pensa que o Concello verase abocado a pedir un crédito “mentres o PP deixou a cero os préstamos bancarios”. Censura que se manteña a prestación de servizos, como o da auga, co contrato caducado. 

Respecto das previsións do Orzamento da Xunta no Fondo de Cooperación Local, que a Fegamp considera insuficiente para as necesidades dos concellos, Galego opina que “o que está claro é que se incrementaron”. “Os concellos necesitan moita financiamento, pero tamén hai que pensar que é un sistema moitísimo mellor e máis aberto que o da Deputación”, asegura o voceiro do PP.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora