A ximnasia da memoria

A ximnasia da memoria
24 de Xuño, 2021 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

"Fene na memoria" finalizou nesta tempada. Os servizos sociais do Concello de Fene traballan xa para volver cos "obradoiros de ximnasia da memoria" para o outono. Poderían mesturar as reunións presenciais en cada unha das parroquias co programa realizado a través da radio. Favorecer o intercambio xeracional. Estimular o exercicio. Intercambiar experiencias e transmitir coñecementos. Eran os obxectivos do programa Fene na memoria, segundo lembra a coordinadora de Tardes Activas María José Paz. 

ESCOITA O PODCAST:
María José Paz, coordinadora de Tardes Activas

Fene logrou adaptarse a situación da pandemia e manter alternativas de ocio para persoas maiores. Era tamén unha finalidade do programa.        Maria José Paz quixo reiterar o agradecemento a todas as persoas que fixeron as actividades, continuaron ligadas ao programa Tardes Activas. Tamén citou ás entidades que colaboraron na difusión e ás persoas que participaron a través da radio. O psicólogo Jaime Lendoiro valora a posibilidade de falar con xente que coñecera a través dos obradoiros presenciais que se celebraban antes de marzo de 2020. Confesou que a el persoalmente a radio lle gusta bastante. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora