ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación Por + vida organiza unha xira en lancha pola ría para o sábado cinco de xullo. Tamén prepara a participación na Carreira da Muller na Coruña para o 21 de setembro. Dos dous proxectos informouse ao remate da camiñada realizada na mañá de onte domingo en Fene.
O programa de educación física contra a fatiga oncolóxica cumpreu dezasete anos. Por mais vida forma parte tamén da rede de asociacións de pacientes, coa que comparte recursos e experiencias. Onte realizaronse sorteos de agasallos doados polo Baxi Ferrol, Lotería As Meigas, Bodegas Barral e Hotel Spa Odeon. A recaudación da xornada irá para a investigación médica do grupo liderado polo doutor Angel Carracedo. Dous grupos de May Dance Studio bailaron tamén na Praza Ramón Souto, despois da lectura do manifesto a cargo dun dos membros do grupo Os Tabernícolas Ferroláns, que actuou despois do xantar solidario no Círculo de Perlío.
Na imaxe, grupo de participantes no xantar solidario no CCRD Perlío
Publica o teu comentario agora