ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A XIX Travesía á Ría Abelardo López de natación, celebraráse este domingo 9 de agosto a partir das seis do serán. Trátase dunha proba incluída no VI Circuíto Galego de Augas abertas. A Singradura contará coa compaña da filla do finado, Elisa López Carro e do representante do Clube Marina de Ferrol, Javier Porta.
A cita, organizada polo Padroado Municipal de Deportes en colaboración co clube ferrolán discorrerá sobre un triángulo, dentro da enseada da Malata, na zona anexa á glorieta de entrada ao porto de Ferrol. As inscricións na competición son libres. Poden participar todos os nadadores e nadadoras que o desexen, posúan ou non licenza federativa. Mañá xoves, remata o prazo de inscrición ben no Padroado ben no Clube Marina. Os rezagados teñen a posibilidade de inscribirse ata unha hora antes do comezo da travesía no mesmo lugar da saída.
O concelleiro de Deportes de Ferrol Manuel Santiago, no acto de presentación da travesía lembrou e ensalzou a figura de Abelardo López. Un gran nadador que, segundo comentou a súa filla, na súa época non puido disputar os xogos olímpicos por motivos administrativos, que pesaron máis que a súa valía. Nesta liña, o Padroado de Deportes editaba un díptico no que se recolle a súa traxectoria como deportista así como as proezas que conseguía, superando uns percorridos increíbles en distancia e tempo.
A singradura conta con dous circuitos. O denominado como “A”, de 2.000 metros de lonxitude e dirixido aos deportistas con idades comprendidas entre os 12 e 38 anos. O “B”, de 1.000 para os de menos de 12 e máis de 38 anos. A Travesía Abelardo López é unha das probas clásicas e de maior prestixio da Comunidade, onde están prohibidos o neopreno e outras axudas técnicas . O que prima é o esforzo persoal.