ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Airiños de Fene da un xiro á súa cita anual máis importante. A Xuntaza de Gaiteiros, prevista para finais deste mes de setembro, non estará adicada nesta ocasión a ningún persoiro relacionado coa música tradicional senón a dous cantautores de Ferrolterra: Xoán Rubia e María Manuela.
"Musicaron textos de moitos poetas galegos que naqueles tempos eran cáseque descoñecidos e dos que case, ou moi pouco, se falaba na escola”. Grazas aos cantautores, moitos destes poetas foron descubertos pola sociedade”. É por iso que Airiños de Fene vai homenaxear este ano a Xoán Rubia e María Manuela na súa Xuntanza de Gaiteiros. Os responsables da banda de gaitas recoñecen que ámbolos dous cantautores non tiveron grandes vencellos coa música tradicional pero o seu papel foi fundamental para “preservar e potenciar o uso do galego”.
A Xuntanza celebrarase o vindeiro sábado, 26 de setembro, no local da sociedade Agarimo de Sillobre. Contará coa participación de Mini e Mero, Raparigos, María Manuela, Xoán Rubia e a Banda de Gaitas Airiños de Fene. O festival será presentado por Xiana Lastra e comezará ás oito do serán.