Xoán Vázquez Mao, secretario do Eixo Atlántico: “Passos Coelho e Feijóo teñen química”

Xoán Vázquez Mao, secretario do Eixo Atlántico: “Passos Coelho e Feijóo teñen química”

07 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O diálogo dunha a outra beira do Miño fluirá mellor agora. Así o agarda o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, logo da vitoria nas eleccións lexislativas portuguesas do Partido Social Demócrata, que desaloxa do poder aos socialistas de José Sócrates. A comunicación entre Santiago e Lisboa abre nova e mellores expectativas e “non só por proximidade ideolóxi

Verbo da personalidade do futuro primeiro ministro de Portugal, o responsable do Eixo Atlántico salienta que é “un tipo novo, da mesma xeración que o presidente da Xunta e que representa en termos da política portuguesa o recambio xeracional”. Malia que se lle achaca que non ocupase até a data ningún cargo de primeira liña na administración pública, precisa que “non é inexperto aínda que non ten experiencia de Goberno”. Tras manter unha xuntanza con persoas próximas ao líder dos conservadores lusos, Xoán Vázquez Mao resolve que “dá un perfil bastante adecuado para o que Portugal estaba demandando” e avanza que os plans de Passos Coelho pasan por “non facer un goberno de márketing, senón un con perfil político e tecnócrata para sacar o país da crise”. 
A esta beira do Miño non se fixeron agardar as reaccións políticas a unha mudanza no Goberno veciño co que se comparten intereses comúns polos proxectos transfronteirizos. Como era previsible os conservadores galegos recibiron de bo grao a vitoria de Passos Coelho, mentres que a oposición parlamentaria laiouse do xiro propiciado polos portugueses. 
En nome do PPdeG, o voceiro no Pazo do Hórreo, Pedro Puy, desexou a mellor das sortes para o futuro primeiro ministro, convencido de que unha melloría de Portugal repercutirá positivamente en Galicia e contribuirá a relanzar proxectos paralizados. Puy agarda máis e mellor “interlocución” con Lisboa. 
Os socialistas galegos consideran contraproducente a derrota de Sócrates porque ven a dereita lusa como tradicionalmente “máis refractaria” ao diálogo co Estado español e con Galicia, e menos disposta á colaboración. O voceiro parlamentario Abel Losada fixo fincapé en que a anterior candidata do Partido Social Demócrata, Ferreira Leite, significárase pola súa oposición ao proxecto do AVE entre Porto e Vigo. 
Dunha opinión moi semellante á de Losada é a deputada do BNG Ana Pontón, quen agoirou que da man de Passos Coelho “consolidaranse recortes drásticos” no país veciño. Iso fará que se resintan os proxectos comúns con Galicia, explicou. 
Institucional