ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O xornalista de Maniños Xoan Barro Hermida recibiu o premio honorífico do Diario de Ferrol pola súa traxectoria profisional. Xoan Barro presentou durante moitos anos o Panorama de Galicia, o informativo galego de Televisión Española. Ademáis foi o primeiro xornalista en retransmitir en galego un partido a través da radio.
O Diario de Ferrol entregoulle o galardón no seo dunha gala multitudinaria que encheu o auditorio da Feira de Mostras. 1.300 persoas compartiron o décimo aniversario do xornal de referencia na cidade e na comarca, segundo as palabras do seu director Germán Castro.