Xoga noutra liga

Xoga noutra liga
29 de Novembro, 2022 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

Pablo Ardao xoga noutra liga, afirma Laura Bouza, do laboratorio de creación artística Laudas Calamity. Pablo traballa plastilina, barro e porexpan, É especialista en moldes e reproducións. Sempre experimenta e busca novos camiños utilizando unha escultura sen detalles superfluos. Estudou Belas Artes na Escola Pablo Picasso da Coruña. Elaborou pezas para Inditex  Pull and Bear. Traballa nunha empresa en Lugo que fai esculturas para a Sagrada Familia de Barcelona. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Queremos buscar a excelencia” afirma Laura Bouza. Quedan ás últimas prazas para o curso de modelado de Pablo Ardao que se celebrará o sábado 10 de decembro no Centro de Creación Artística Laudas Calamity da rúa Cruceiro, 5 de Perlío. O prezo ascende a 65 euros, incluíndo todos os materiais. Máis información en:  laudascalamity@gmail.com Despois da masterclass de Pablo Ardao, Laura prepara as sesións de modelo en vivo para os sábados pola mañá. Ademais ultiman novas masterclass, obradoiros de gravado e a exposición fin de curso do laboratorio Laudas Calamity.

 

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora