Xogadores internacionais

Xogadores internacionais
07 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Xogadores internacionais pisaron o céspede do campos de fútbol de Limodre e do Numancia de Ares. Pedro Amado xogou no Limodre e estivo a proba no F.C.Barcelona xogando logo co Racing de Santander na Primeira División do fútbol español. O autor do gol da selección española a Rusia en 1964 realizou ese mesmo ano o saque de honor dun partido entre o Numancia de Ares e o Limodre. Marcelino, Marcelino Martinez Cao, de Ares foi o autor do definitivo gol que deu a vitoria a España na final disputada contra a Unión Soviética (2:1), o 21 de xuño de 1964, tras un centro de Jesús Pereda.

Fotografía: Xan Xe Corral

Poucas semanas despois o 5 de xullo dese ano, Marcelino realizou o saque de honor no partido xogado entre o Numancia de Ares e  o Limodre. Recibiu un emotivo homenaxe na súa vila natal de Ares. Poucos anos despois en 1967, o dianteiro do Limodre Pedro Amado estivo en observación polo Fútbol Club Barcelona. O presidente do Limodre levouno á cidade condal onde realizou unha proba. Pedro Amado, natural de Pontedeume, xogou máis tarde no Racing de Ferrol e no Racing de Santander, onde militou na Primeira División do fútbol español. Amado foi tenente de alcalde de Pontedeume e faleceu en febreiro deste ano.

Deportes

Publica o teu comentario agora