Xogamos a tenis?

Xogamos a tenis?
27 de Marzo, 2021 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aberta a inscrición na cuarta edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño que se celebrará  no pavillón municipal do Longoiro do 1 ao 4 de abril.

O alcalde, Alberto González, anunciou a celebración da cuarta edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño. Será no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, do 1 ao 4 de abril, e a inscrición pódese formalizar no teléfono 696 84 45 53 (ata o vindeiro martes 30 de marzo). Segundo explicou o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, está aberto ás categorías prebenxamín, infantil, cadete e absoluta (individual e dobres), e non haberá cuota de inscrición. En función dos/as deportistas anotados/as, elaborarase o calendario e informarase previamente dos cadros e emparellamentos. A competición, en cuxa organización participa activamente a escola de tenis Justo al Revés, rexirase en todo caso baixo un estrito protocolo de prevención fronte á covid-19. Por último, sinalar que haberá trofeo para o campión e subcampión de cada categoría.

Deportes

Publica o teu comentario agora