Xogando co Atletismo

Xogando co Atletismo
10 de Abril, 2025 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

Nova cita coas xornadas de Atletismo divertido dirixidas a escolares de Fene. Organiza a  Concellería de Deportes, dirixida por Adan Chao que deu detalles da iniciativa en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Dous días para fomentar a práctica do atletismo entre as crianzas de Fene. Comezaron onte, mércores as xornadas de Atletismo divertido coa participación do alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. Na última xornada, este xoves, é a quenda do 1º, 2º e 3º de Primaria dos centros de ensino de Fene. En total son seiscentos escolares de Fene os que pasan estes días polas pistas do Pazo de Barallobre. O obxectivo destas xornadas é que a rapazada coñeza as diferentes modalidades deste deporte e realice actividade física de xeito divertido e non competitivo. Por iso, non se toman anotacións das marcas ou tempos realizados e as nenas e nenos irán participando de xeito simultáneo nas diferentes probas.

Institucional

Publica o teu comentario agora