Xogar ao aire libre

Xogar ao aire libre
22 de Xuño, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O xogo é fundamental na infancia. Para aprender, para socializar e tamén para a saúde mental. Destacou o valor do xogo ao aire libre o psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Moitos nenos e nenas teñen trastornos como ansiedade, depresión ou da conduta alimentaria. “Fálase dun dez por cento, algo máis entre adolescentes e menos na infancia”, sinalou esta semana en Radio Fene o psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli. “Nenos e nenas xogan cada vez menos en exteriores e está comprobado que o xogo ao aire libre é unha ferramenta moi potente para previr trastornos na infancia”. Explicou que sacalos xogar o parque entre os 2 e 4 anos “pode axudar a ter unha saúde mental máis equilibradas e ese beneficio pode manterse ata os 8 anos”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora