Xogar co balón e cos rivais

Xogar co balón e cos rivais
06 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños quere xogar co balón e cos rivais. O obxectivo de cara á tempada é a permanencia na Primeira Galicia de fútbol, unha competición que principia o 8 de setembro. A entidade do Pote saúda a iniciativa municipal da organización do Trofeo esta semana. É un bo xesto para os tres clubes de fútbol base de Fene, segundo o adestrador Adrián Martinez. 

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Maniños Adrián Martinez opina sobre o Trofeo Concello de Fene de fútbol:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/050824MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

Trofeo Concello de Fene este sábado en Maniños. O  primeiro partido enfrontará ao Barallobre e o Perlío, a partir das cinco e media da tarde. O Maniños xogará despois contra o perdedor do primeiro encontro. E o gañador do Trofeo decidirase no partido que enfronte ao equipo anfitrión contra o vencedor do primeiro partido. 
 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora