ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non puideron traer puntos para a casa. Moitos goles no campo do Redondo, en Montrove (Oleiros), e vitoria para o equipo local. Unión Campestre 7-4 Cultural Maniños. Analizamos o encontro da Segunda Galicia de Fútbol Feminino con Juanjo Iñiguez, Cebolo, técnico do Maniños
Nun partido raro, no que houbo problemas coa iluminación do campo na segunda parte, como reflectiu o árbitro. “Metes catro goles fóra da casa e volves cunha derrota, xogando espectacular e perdendo ves con cara de parvo, métente sete goles e cinco son erros nosos”, subliña o técnico, Juanjo Iñiguez, Cebolo. “Xogando así, as vitorias van vir, xa llo dixen ás xogadoras, que competiron moi ben”, destaca o míster sobre un partido no que o Maniños fixo un xogo ofensivo e moveu moito o banquiño para dar oportunidade de xogar ás rapazas máis novas.
Publica o teu comentario agora