Xogar cos produtos da terra na cociña

Xogar cos produtos da terra na cociña

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Escoller produtos da terra e experimentar, xogar con eles na cociña. Ese é o segredo para que unha tapa teña éxito, segundo a profesora da Escola de Hostelería de Pontedeume Consuelo Vázquez. E unha das participantes no xurado do Certame de Tapas de Fene.

Galicia en xeral e Ferrolterra en particular gozan de gran variedade de peixes, carnes, hortalizas e queixos. Experimentar con eles na cociña é unha das claves para lograr seducir á clientela dos establecementos de hostelería, segundo Consuelo Vazquez.

A presentación das tapas, o sabor, as texturas, o xogo coas cores, o contraste de sabores, foron algúns dos criterios barallados esta mañá polo xurado do Certame de Tapas de Fene. O xurado do certame emitirá o seu fallo a primeira hora da tarde. Son nove membros, relacionados co mundo da gastronomía: dous profesores do IES Fragas do Eume de Pontedeume; un cociñeiro do programa “Todos na cociña” da TVG; Tamén Pilar Paredes do Plan de Dinamización Turística; César Castro da Asociación de comerciantes e hosteleiros de Fene O Cruceiro. Forman parte do xurado do Concurso de Tapas ademais o xornalista Luís Álvarez Núñez, Mercedes Tobío en nome da Deputación Provincial, e unha concelleira de Sarria, municipio que conta cun concurso similar, así como o alcalde de Fene, Iván Puentes.

As 11 da mañán iniciaron o recorrido da Fene-ruta visitanto os dez bares e restaurantes que participaron este ano no concurso. A primeira hora da tarde agardan ter o fallo e descubrirnos cal foi a mellor tapa creativa e cal a tradicional. A sua misión será tamén recoller os votos emitidos polos clientes en todos os establecementos e dar a coñecer qué tapa se alza co veredicto do público, a tapa máis popular.

Sociedade